Saga Estévez Díaz, alumna de 4ºA de ESO, redactou o seguinte texto sobre a actividade:
O dia 18 de setembro o alumnado de 4ºA ESO de Bioloxía foi visitar a exposición “Outros mundos. Viaxe polo sistema solar da man de Michael Benson”. Cristina, que era a nosa guia, comezou ensinándonos o Sol, unha estrela composta por gases quentes. A continuación explicounos que as tormetas solares tiñan efectos sobre a Terra como por exemplo: inflúen nos campos electromagnéticos, pero sobre todo a formación das auroras borais; debido a que a enerxía do Sol impacta contra a atmosfera, e esa atmosfera produce luces e xenera as auroras boreais. Logo, vimos unha foto na que todos pensábamos que era a Lúa (¡caimos na pregunta trampa!), pero resultou ser Mercurio. Comentou que ambos parécense porque son rochosos e porque non teñen atmósfera, e calquer impacto que chegue a eles vai quedar alí rexistrado. Un dato curioso que aprendemos foi que hai máis temperatura en Venus que en Mercurio, estando Venus máis lonxe do Sol. Comentounos que isto débese a unha atmosfera que produce un efecto invernadero moi grande, entón aumenta máis a temperatura, ademais de ter unha gran actividade volcánica e unha presión atmosférica moi alta. Soprendeunos que en Marte a pesar do seu ceo amarelo hai unha temperatura de -55 graos. Ata o momento só mandaron sondas para sacar fotografías e así obter máis datos sobre este planeta tan similar ao noso. De feito, estas sondas deixaron a marca das rodas. Sabemos que Marte nalgún momento tivo auga líquida pero a súa atmósfera non soubo retela. Urano tamén ten aneis, ten unha cor azul moi característica polo gas metano. Ten unha superficie moi lisa porque ten uns ventos moi rápidos. Este planeta non rota coma a Terra (de forma vertical) senón que rota horizontalmente, o motivo é que algo nalgún momento chocou contra él e por iso quedou neste ángulo de rotación. Tarda 84 anos en dar unha volta completa ao Sol. Plutón non cumplía coas características que tiña que cumplir para ser un planeta. Para ser un planeta maior non pode haber outros elementos arredor da súa zona, excepto os seus satélites. No caso de Plutón isto non se cumpre ademais de que atópase no cinto de Kuiper. O máis característico de Plutón é o seu “planeta dobre” porque ten un satélite moi grande (Caronte). Unha curiosidade é que según xira Plutón tamén vai xirando Caronte, polo tanto nunha zona de Plutón sempre veríamos a Caronte, mentres que na outra non veríamos o satélite.