A actividade divulgativa, organizada polo Seminario de Ciencias Experimentais, tivo como protagonista a Eduardo José González Clavijo, Xeólogo e coordinador dos Xeolodías a nivel estatal. En NaturezAula temos a sorte de contar co seu excelente labor divulgativo, e grazas a súa compaña durante o curso, aprendemos de Xeoloxía en moitas das actividades.
Compartiu connosco a ponencia Conflitos por recursos, que teñen que ver conmigo? Esta xeocharla forma parte das actividades formativas organizadas pola Comisión Mulleres e Xeoloxía da Sociedade Xeolóxica de España, e o deseño da mesma é unha proposta de Fundación Albihar (https://www.fundacionalbihar.org/) e Xeólogos do Mundo-World Geologists (https://www.icog.es/geologosdelmundo/), con financiación da AACID (Axencia Andaluza de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento).