ACTIVIDADES DE ABRIL EN ENSINO INFANTIL E ENSINO PRIMARIO.

O alumnado e as mestras e mestres de Ensino Infantil (deseguido EI) e Ensino Primario (deseguido EP) levaron a cabo unha manchea de actividades durante o mes de abril do curso 2023-2024.

PASEO POLO MIÑO DE 4º EP.

O alumnado de 4º de EP, en colaboración coa Aula da Natureza do Miño, en Oira, realizou un percorrido pola ribeira do Miño coñecendo a súa flora e fauna. O grupo-aula de 4ºB, acompañado pola súa titora, Marta, desfrutou deste paseo o mércores 3 de abril. Ao día seguinte foi a quenda de 4ºC, con Manuel. O venres 5, 4ºA pechou esa semana na compaña de Rosa.

3 de abril, alumnado  de 4ºB.

Coa axuda de prismáticos observaron as distintas aves que habitan ás beiras do río. Viron e escoitaron parrulos, pitas de auga, merlos rieiros, andarríos, merlos, lavandeiras….

4 de abril, alumnado  de 4ºC.

Tamén aprenderon a distinguir algunhas plantas e árbores do ecosistema fluvial coma salgueiros, amieiros, bidueiros, chopos…

5 de abril, alumnado  de 4ºA.

Levaron unha manchea de apuntamentos no caderno de campo e descubriron a importancia de coidar e non contaminar os ríos e as súas beiras.

ALUMNADO DE  6º EP NA HORTA ESCOLAR “MAMÁ MARGARIDA”.

A comezos de mes o alumnado de sexto estivo na horta escolar quitando as malas herbas e aproveitando o día para coller algunhas margaridas e levalas de agasallo para as nosas amizades e familiares. Como gozamos na nosa horta !!!

ALUMNADO DE  3º EP NA HORTA ESCOLAR “MAMÁ MARGARIDA”.

O 9 de abril o alumnado de 3º aproveitou o bo tempo para ir recoller o sembrado na horta escolar “Mamá Margarida”. Nesta ocasión recollimos leitugas e acelgas que plantáramos nos trimestres anteriores. Recoller o sementado é froito do bo traballo. Que boas leitugas e que acelgas máis ben feitas !!!

OBRADOIRO “DA HORTA Á MESA” CO ALUMNADO DE 3º EP.

Se hai uns dias recollíamos da horta leitugas e acelgas, o día 12 tocou preparar a mesa! Entre todos e todas lavamos ben todas as follas das leitugas, repartímolas entre o alumnado, engadimos tomate fresco, millo e atún e desfrutamos dunha boa ensalada saudable. Que rica estaba !!!

OBRADOIRO “DA HORTA Á MESA” CO ALUMNADO DE 6ºA EI.

O 17 de abril o alumnado de 6ºA pasou una tarde diferente e divertida na Aula Innova do centro, preparando una ensalada con productos recollidos na horta escolar “Mamá Margarida”. Logo da preparación  da comida, á que lle engadiron millo, tomate e cenoura, aliñaron con aceite, vinagre e sal para comela todas e todos xuntos. Deste xeito aprenderon a traballar de forma cooperativa en grupo grande, ademais de por en valor os froitos da nosa horta escolar.

“TRAGALIBROS” EN EI.

O día 19, para celebrar o Día do Libro, alumnado de Ensino Secundario Obrigatorio que pertence ao clube de lectura “Tragalibros”, acompañados por Xulio, contoulle contos aos máis cativos do cole. Foi una experiencia xenial !!!

Aula de 4ºA.

Aula de 4ºB.

Aula de 4ºC.

Aula de 5ºA.

Aula de 5ºB.

Aula de 5ºC.

Aula de 6ºA.

Aula de 6ºB.

Aula de 6ºC.

MARCAPÁXINAS EN EI.

O 23 de abril celebramos o Día do Libro, e para o alumando de EI foi un día xenial. Levamos a cabo moitas actividades, e fabricamos un marcapáxinas para non perder a páxina do libro que estamos lendo ou do que nos leen na casa aos máis cativos.

Aulas de 4º.

Aulas de 5º.

Aulas de 6º.

Lembrade: a maxia dos libros agarda por vos, onde cada historia é un tesouro por descubrir.

DÍA DA TERRA CO ALUMNADO DE 6º DE EI.

O día 22 de abril celebramos o Día Internacional da Terra, que este ano cumpre 45 anos desde que se instaurou, o 22 de abril de 1970, cando uns vinte millóns de estadounidenses sairon ás rúas para esixir a creación dunha axencia medioambiental nese país.

Os mestres de 6º de EI motivaron ao alumnado con vídeos, presentación de internet… sobre a necesidade de coidar e respectar o noso planeta. Despois fixeron na aula e na horta escolar una manchea de actividades. Comezamos o día cunha animada e participativa asamblea na que se falou de como debemos coidar a Terra, e que cousas non debemos facer. Tamén pegamos láminas de distintas cores sobre as accións que estaban ben feitas e as que non. Colorearon uns debuxos duns nenos abrazando a Terra con brazos móbiles e fabricaron un xoguete óptico que levaron para casa.

HORTA ESCOLAR CO ALUMNADO DE EI.

Para celebrar o o Día da Terra levamos a cabo una actividade na horta escolar “Mamá Margarida” con todo o alumnado de EI. Enchemos os nosos sementeiros, plantamos tomates e feixóns, cada clase no seu recipiente correspondente. De volta na aula, e por semans, temos o encargo de regalas, poñelas un ratiño ao sol e ir vendo os cambios que suceden.

Sementar permite ao alumnado explorar a natureza, meter as mans n aterra e ver como medran as plantas. Ademais de estimular os sentidos, desenvolve habilidades motoras e amósalles cousas novas sobre os ciclos naturais.

Aulas de 4º, do 4 de abril ao 2 de maio.

Aula de 5ºA, 18 de abril.

Aula de 5ºB, 18 de abril.

Aula de 5ºC, 18 de abril.

Aula de 6ºA, 23 de abril.

Aula de 6ºB, 23 de abril.

Aula de 6ºB, 23 de abril.