As grandes rochas e penedos, e o laberíntico paseo polas mesmas, son moi acaídas para falar de lendas, tesouros, de mouros e mouras, de pedras sanadoras… todos eles elementos caseque máxicos do noso patrimonio inmaterial. Tamén para disfrutalas coa modalidade de escalada chamada “bulder”, na que non se empregan nin cordas nin ancoraxes; asemade son refuxio de especies como o morcego de ferradura grande (Rhinolophus ferrumequinum) e o lobo ibérico (Canis lupus signatus), ambas especies protexidas.
3.- Miradoiro do Outeiral, un lugar para pararse un pouquiño a identificar a paisaxe que divisamos: a comarca do Ribeiro, Coto Novelle, as serras do Suído e da Paradanta, os concellos de Leiro, Carballeda de Avia e Avión… E sobre todo a mellor atalaia para divisar a Pena Corneira, o monumento natural de maior extensión de Galicia; situada no municipio de Carballeda de Avia, alcanza os 675 m. Distínguese dende a distancia fácilmente gracias a un peñasco alongado e disposto en vertical que lle da nome á zona. Algúns cren ver nel a silueta dun unicornio ou o “menhir do Ribeiro”, o referente visual desde casi calquera punto do val do Avia e da comarca vitivinícola de O Ribeiro.