LÁMINAS DE PAPEL VEXETAL 3º ESO.

Durante o segundo trimestre do curso, dándolle continuidade a unha das dinámicas iniciadas co proxecto, parte da tarefa avaliable da asignatura de Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 3º de ESO consistiu nunha serie de catro láminas levadas a cabo con rotulador 0.2, sobre papel vexetal cortado A5, traballando o punto, a liña, a mancha e un conxunto das tres técnicas, empregando como modelo unha das fotografías publicadas no blog do proxecto.

O alumnado tiña liberdade para escoller a imaxe, imprimila na casa e traela ao centro, xunto co resto do material. Asemade, o docente puso a disposición do alumnado fotografías de distintas actividades, todas presentes no blog.

Aula de 3ºC de ESO, 22 de xaneiro.

Aula de 3ºB de ESO, 24 de xaneiro.

Aula de 3ºA de ESO, 06 de febreiro.

Moitas desas fotografías foron empregadas tempo atrás para ilustrar o taboleiro do que dispón o proxecto no pórtico do edificio de EI-ESO-BAC, polo que se lle deu un novo uso a ese papel.

As indicacións para empregar estes elementos pictóricos estaban dispoñibles nunha carpeta de Google Drive compartida con todo o alumnado da asignatura, ao través de presentacións elaboradas polo docente, que contaban tamén con exemplos dos traballos levados a cabo en cursos anteriores.

Antes de rematar o período de avaliación do segundo trimestre o alumnado colocou os seus traballos na carteleira e nas fiestras interiores das súas aulas, onde quedarán expostos durante varias semanas. A finais de abril serán retirados e devoltos a cada alumna/o, que os gardará  no seu block de traballo.

Montaxe na aula de 3ºA de ESO, 18 de marzo.

Montaxe na aula de 3ºB de ESO, 18 de marzo.

Montaxe na aula de 3ºC de ESO, 18 de marzo.