A comunidade educativa do CPR Plurilingüe María Auxiliadora de Ourense puido desfrutar da exposición “Morcegos de Galicia”, deseñada por Drosera (en colaboración coa Deputación de A Coruña) e cedida en préstamo polo CEIDA. A exposición estivo instalada no vestíbulo de secretaría entre o luns 4 e o venres 22 de marzo.
Esta exposición itinerante consta de sete paneis, nos que se recolle bioloxía, hábitats, alimentación, técnicas de estudo… dos morcegos de Galicia. Para máis información, podedes consultar http://www.morcegosdegalicia.org.
Para facilitar a xestión das visitas elaborouse un calendario que foi enviado ás distintas salas de profesores, para que cadaquén anotara os grupos-aula cos que tiña intención de achegarse ata a montaxe.
O luns 4 pola mañá, o alumnado de 3ºA de ESO, acompañado por varios docentes, foi o responsable da instalación dos pósters.
As visitas con alumnado comezaron o mércores 6, con 3ºB de ESO.
Ese mesmo día, pola tarde, o alumnado de 4ºA de EP achegouse ata o vestíbulo.
O venres 8 foi o turno de 3ºC de ESO.
O martes 12 pasaron polo vestíbulo 3ºA, 4ºB e 4ºC da ESO.
O mércores 13 pola tarde pasou o alumnado de 2ºC de EP.
O martes 19 pola mañá continuaron os de 1ºA e 1ºC de ESO; e pola tarde, logo de ver un audiovisual na aula, 5ºC de EP.
O docente de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO, Gustavo Monroy, elaborou un cuestionario para facilitarlle ao alumnado o traballo cos contidos da exposición. O mércores 20 pola mañá foi o turno de 1ºB de ESO…
… e pola tarde, o de 4ºC e 6º de EP.
O xoves 21 pola tarde visitou a exposición o alumnado de 5ºA e 5ºB de EP, que previamente visionara un audiovisual na aula.
O venres 22 o alumnado de 3ºC, acompañado polo docente de Bioloxía e Xeoloxía, foi o encargado da recoller os pósters.
A exposición marchou do centro ese mesmo día. O noso agradecemento ao CEIDA pola cesión deste interesante material divulgativo. Agardamos que servira para sensibilizar á comunidade educativa.