Daniel contou que son os criadeiros de cabalos, espazos onde se coida e cría a estes animais co obxectivo de obter exemplares da mellor calidade e aptitude para diferentes disciplinas, como a equitación ou a competición. É fundamental contar cun terreo suficientemente amplo para albergar a estes maxestuosos animais. Os cabalos precisan espazo para moverse e exercitarse, polo que é importante que o terreo conte con pastos e áreas de descanso axeitadas, vital para o seu benestar físico e mental. Tamén dispón de áreas de baño e cuidado, que deben contar con auga corrente e unha boa drenaxe, así como cepillos e produtos de limpeza. Deben levar a cabo tarefas de limpeza diaria, como barrer e recoller o esterco, e limpezas máis profundas de xeito regular, como lavado e desinfección dos bebederos e comederos. É esencial contar coun plan nutricional axeitado, ofrecéndolle aos animais alimento de calidade, como heno, pasto e concentrados, nas cantidades e proporcións necesarias para cada animal. Esa dieta debe estar composta principalmente por forraxe, como o heno e o pasto. Explicou a diferenza entre heno e palla. Estes espazos deben estar protexidos da humidade e de pragas, como roedores, con establos espaciosos e ben ventilados, de xeito que permitan unha boa circulación de aire e eviten a acumulación de humidade.
Daniel amosou que é un apero (grupo de elementos utilizados para lograr que un animal domesticado de monta poida ser dirixido, montado e traballado; este equipo está composto por: montura, freo, cabresto, alfombra, enxalma e rendas) e os distintos que se empregan. Máis aló da silla de montar, hai outras ferramentas esenciais para montar a cabalo, como a brida ou cabezada, un arnés que se usa para guiar ao cabalo, e o estribo, un dispositivo que se usa para axudar ao xinete a subir e baixar do cabalo, e axudalo a manter o equilibrio cando está montando. Daniel trouxo con el un accesorio que simulaba un cabalo, no que o alumnado puido “montar” e desfrutar.