O xoves 18 e o venres 19 de xaneiro o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º BAC tivo a oportunidade de aprender con Jacinto Seara Amigo na Aula Magna do colexio. Licenciado en Física Nuclear e Teórica pola Universidade Complutense de Madrid, Enxeñeiro Informático pola Universidade Politécnica de Madrid, Diplomado en Comunidades Europeas pola Escola Diplomática, Premio Guide Ibérica IBM 1978 polo deseño e automatización intelixente da loxística de abastecemento e consumo enerxético en España e Portugal (por ser o primeiro en logralo en competencia con Coca-Cola, Chrysler, Ford, Phillips e Siemens), até 2015 Director de Xestión do Coñecemento da Escola de Organización Industrial (Ministerio Industria, Enerxía e Turismo).
Stella Estrada Mosquera, Bióloga e coordinadora do programa de saúde e medio ambiente da Concellería de Educación do Concello de Ourense, levou a cabo a presentación de Jacinto, que estivo connosco hora e media o xoves e outra hora o venres.