O xoves 14 de decembro Lorena Salgado, Product Marketing Manager de APLANET (https://aplanet.org/es), visitou a aula de 1ºB de bacharelato para falarlle ao alumnado de Bioloxía e Xeoloxía da Igualdade de xénero en tempos de IA.
A charla foi a segunda Xornada ConCiencia do curso 2023-2024, dándolle continuidade á anterior na preparación e motivación do alumnado para o Congreso de Jóvenes Expertos que se vai celebrar en Ponferrada o 16 de febreiro de 2024. Nesta ocasión sumáronse os dous alumnos de altas capacidades de 4º de ESO que tamén participan neste proxecto.