SAMAÍN.

Samhain é unha festa gaélica que se celebra o 1 de novembro, marcando o remate da tempada de colleitas e o inicio do inverno, no que sería a “metade” máis escura do ano. As celebracións comenzan na tarde do 31 de outubro, dado que o día celta comezaba e remataba ao serán.​ Trátase dunha data a medio camiño entre o equinocio de outono e o solsticio de inverno.

A comunidade educativa do CPR Plurilingüe María Auxiliadora de Ourense celebra esta festa dun xeito interdisciplinar, traballando aspectos socioculturais, etnográficos, tradicionais, históricos, ambientais… desde unha manchea de disciplinas académicas.

O alumnado da aula de educación especial do centro preparou unhas cabazas entorno a esta festividade. Todos e todas aprenderon un pouco desta celebración e traballaron arreo para deseñar e recortar as súas cabazas.

Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego (centro que investiga, conserva, divulga e promove a cultura galega) establece unha tenue relación entre as cabazas e a morte. Natural de Muxía, en plena Costa da Morte, relata como os cativos as usaban para meter medo. Colocábanas nas portas, nos camiños, nos camposantos… para asustar. Na súa zona a palabra galega para darlles nome era cocos. Noutros lugares: cabazas, colondros, caveiras de melón, calabazotes ou calacús. O escritor Víctor Vaqueiro entrou en detalles no seu dicionario Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres (Galaxia, 2011), dándolle difusión a outras intepretacións: a acción de baleirar cabezas de melón ou cabazas representaba simultáneamente unha alusión á morte, a simbolización dun tempo no que os vivos e os mortos comparten certos ámbitos. Escribiu: “unha broma de cativos e a representación dun instante no que as luces e as sombras se atopan”. Ao tempo,  exercían igualmente unha función protectora, espantaban o mal.

Alumnado de 4º de Ensino Infantil.

Alumnado de 5º de Ensino Infantil.

Alumnado de 6º de Ensino Infantil.

Alumnado de 1ºB de Ensino Primario.

Alumnado de 1ºC de Ensino Primario.

Alumnado de 3 de Ensino Primario.

Alumnado de 3ºA de Ensino Primario.

Alumnado de 3ºB de Ensino Primario.

Alumnado de 3ºC de Ensino Primario.

The students in Primary designed and decorated our own skulls to decorate our school. Look how scary they are!

Alumnado de 4º de Ensino Primario.

Alumnado de 4ºA de Ensino Primario.

Alumnado de 4ºB de Ensino Primario.

Alumnado de 4ºC de Ensino Primario.

Alumnado de 6º de Ensino Primario.

Profesorado de Ensino Infantil e de Ensino Secundario.