O mércores 15 foi o turno da conferencia A micoloxía como recurso educativo, que tivo como poñente a Dª Conchi Zúñiga González, mestra, blogueira (http://cocinandosetas.com) e tamén membro da Xuntanza de Micólogos “Os Cogordos”. A continuación A importancia dos fungos para o ser humano, a cargo de Hugo Conde Alonso, Jorge Caldas Canal e Hugo Saavedra Fernández, alumnos do Colexio San José.