ACTIVIDADES DE OUTONO EN ENSINO INFANTIL E ENSINO PRIMARIO.

O alumnado e as mestras e mestres de Ensino Infantil e Ensino Primario levaron a cabo una manchea de actividades durante o outono do curso 2023-2024.

DESCUBRINDO A MAXIA DA NATUREZA PASO A PASO.

Os peques de 2º de Ensino Primario plantamos sementes de lentellas e fabas nun simple vaso, e cada día é unha aventura vendo medrar a vida. Queres unirte ao experimento?

Aula de 2ºA.

Aula de 2ºB.

Aula de 2ºC.

ENCESTA A CASTAÑA.

Durante unha semana o alumnado de Ensino Infantil, coa axuda das mestras, fabricou un encestacastañas, que levaron para casa para poder xogar coa familia e pasar un ratiño divertido.

Alumnado de 4º.

Alumnado de 5º.

Alumnado de 6ºA.

Alumnado de 6ºB.

O LOBO NA FOLLA.

Nas clases de Educación Plástica de 3º e 4º de Ensino Primario, empregando una folla palmeada, deseñamos a cara dun lobo. Outras/os perfilamos a forma da folla sobre unha das láminas do bloc e dentro debuxamos unha paisaxe. Deste xeito, relacionamos plástica con ciencias da natureza e repasamos as partes dunha folla e as súas características, como o tipo de borde (aserrado, dentado, crenado…).

MAGOSTO COLEXIAL.

Os máis peques do cole celebramos o magosto por todo o alto. Cancións e xogos en clase, brasas e merenda compartida con todos os amiguiños. Estas caras de felicidade non enganan.

Alumnado de 4º.

Alumnado de 5º.

Alumnado de 6ºA.

Alumnado de 6ºB.

Alumnado de 6ºC.

O alumnado de Ensino Primario tamén desfrutou da festa.

Alumnado de 1ºA.

Alumnado de 1ºB.

Alumnado de 1ºC.

Alumnado de 2º.

Alumnado de 3º.

Alumnado de 5º.

Alumnado de 6º.

MANUALIDADE DO ALUMNADO DE 4º EI

 Os nenos e nenas de 4º de infantil desfrutamos do outono, aprendendo cousas novas, xogando moito e compartindo cos nosos compañeiros e profes neste tempo de choiva, vento, sol e friaxe.

MANUALIDADE DO ALUMNADO DE 6º EI

O alumnado de 6º de infantil dentro do proxecto dp outono levaron a cabo diferentes actividades, entre elas esta manualidade con follas.