O alumnado, acompañado polos docentes, percorreu a pé o camiño que separa o centro educativo da ubicación da exposición, saíndo do colexio ás 10:15 h. Unha vez nos Xardíns do Posío, tiveron preto dunha hora para desfrutar da calidade das imaxes, facer fotografías e tomar notas para poder preparar cuestións que máis tarde foron enviadas aos docentes. Estes levarán a cabo unha selección desas cuestións, que compartirán no drive da asignatura, e terán protagonismo no seguinte cuestionario de avaliación da asignatura, dado que os contidos presentados na exposición están presentes no currículo de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO, asemade de ser de notoria actualidade.