Reparto de imáns en ESO e Bacharelato-recollida selectiva.

O mércores 4 de outubro, na celebración de San Francisco de Asís, patrono dos animais e do medio ambiente, repartíronse preto de 400 vinilos imantados para sensibilizar ao alumnado de ESO e Bacharelato sobre a recollida selectiva do lixo. San Francisco de Asís é considerado a primeira persoa que tratou a todos os seres vivos, incluíndo aos animais, como criaturas de Deus. O papa Juan Pablo II en 1980 declarouno patrono dos veterinarios, animais e dos ecoloxistas.

As placas de vinilo foron proporcionadas polo Concello de Ourense. Desde abril deste ano, preto do remate do curso escolar, os colectores de lixo dos patios do centro están sinalizados con adhesivos de cores, e as bolsas que se empregan para os mesmos son das cores correspondentes.

Agardamos que toda a comunidade educativa siga a facer un uso responsable destes recipientes para os distintos refugallos, e que melloremos día a día na separación das distintas fraccións do lixo, contribuíndo ao coidado da contorna.