Desde a primeira celebración en 1973, o Día Mundial do Medio Ambiente ten axudado ao PNUMA a concienciar e crear presión política para abordar preocupacións crecentes, como a reducción da capa de ozono, a xestión de produtos químicos tóxicos, a desertificación ou o quecemento global. O día se ten convertido nunha gran plataforma mundial para tomar medidas sobre cuestións medioambientais. Ao longo dos anos, teñen participado millóns de persoas para promover o cambio de hábitos de consumo, así como nas políticas nacionais e internacionais.
O Proxecto Ambiental NaturezAula quere celebrar estas últimas semanas de curso, colaborando na efeméride coas nosas aportacións; agardamos darlle continuidade no curso 2023-2024.