Durante a intervención fixo partícipe ao alumnado, dándolle a oportunidade de facer lecturas breves seleccionadas de fragmentos das obras de Rosalía de Castro, recollidas nos pregos do herbario. Unha manchea de curiosidades chamou a atención dos participantes na charla, como cando comentou que o término rumorosos, dos versos de Pondal, facía referencia aos piñeiros; ou que cabía a posibilidade de que Rosalía confundira as aciñeiras coas sobreiras (estas últimas ben presentes no val do río Sar ao seu paso por Compostela).