O paso da universidade ao mundo laboral ao través da investigación.

O luns 29 de maio, entre as 10:10 e as 11:00 h, alumnado de 4º de ESO asistiu á charla de María González Martín na Aula Magna do CPR Plurilingüe María Auxiliadora de Ourense.

María González Martín é graduada en Xeoloxía pola Universidade de Salamanca, Máster en Ciencias da Terra. Na actualidade é investigadora predoutoral no Grupo de Xeociencias Oceánicas, Departamento de Xeoloxía, Universidade de Salamanca (USAL).u

A poñente levou a cabo unha presentación sobre o seu traballo de investigación, centrado nos cocolitos, placas de CaCO3 producidas por organismos fitoplanctónicos coñecidos como cocolitóforos (empregados como bioindicadores paleoclimáticos e paleoceanográficos).

Durante a intervención fixo referencia a súa estancia no Ramón Margalef, buque oceanográfico operado polo Instituto Español de Oceanografía (IEO), procurando datos para a súa investigación e colaborando con outros proxectos científicos. Tamén nos comentou as colaboracións con outras entidades e grupos de investigación.

Agradecemos a María González Martín a súa boa dispoñibilidade. Esta charla forma parte das xeocharlas organizadas pola Comisión Mulleres e Xeoloxía da Sociedade Xeolóxica de España.