As grandes rochas e penedos, e o laberíntico paseo polas mesmas, son moi acaídas para falar de lendas, tesouros, de mouros e mouras, de pedras sanadoras… todos eles elementos caseque máxicos do noso patrimonio inmaterial. Tamén para disfrutalas coa modalidade de escalada chamada “bulder”, na que non se empregan nin cordas nin ancoraxes, así como refuxio de especies como o morcego de ferradura grande (Rhinolophus ferrumequinum) e o lobo ibérico (Canis lupus signatus), ambas especies protexidas.
3.- Miradoiro do Outeiral, un lugar para pararse un pouquiño a identificar a paisaxe que divisamos: a comarca do Ribeiro, Coto Novelle, as serras do Suído e da Paradanta, os concellos de Leiro, Carballeda de Avia e Avión… E sobre todo a mellor atalaia para divisar a Pena Corneira, o monumento natural de maior extensión de Galicia; situada no municipio de Carballeda de Avia, alcanza os 675 m. Distínguese dende a distancia fácilmente gracias a un peñasco alongado e disposto en vertical que lle da nome á zona. Algúns cren ver nel a silueta dun unicornio ou o “menhir do Ribeiro”, o referente visual desde casi calquera punto do val do Avia e da comarca vitivinícola de O Ribeiro, e nos puidemos ver en pleno voo a una aguia ratoeira (Buteo buteo).
https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Espazos_protexidos/Rede_galega/Monumentos_naturais/seccion.html&std=Pena_Corneira.html#