Mañá sábado, 22 de abril, é o Día da Terra. Celébrase desde 1970 para lembrar que é o noso fogar e temos a obriga de coidalo para xestionar e conservar os seus recursos naturais para as futuras xeracións. Un dos obxectivos deste día é xerar conciencia e sensibilizar á poboación sobre os problemas medioambientais que afectan ao planeta, fomentando o desenvolvemento sustentable, que leve a un equilibrio entre as necesidades económicas, sociais e ambientais. Mañá tamén se celebra o Día Mundial da Creatividade e a Innovación. Para os integrantes do Seminario de Ciencias Experimentais do centro son efemérides significativas que de seguido van ter se cadra, máis relevancia, porque van coincidir coa materialización dun proxecto iniciado en outubro de 2021. Daquela xurdiu a idea de mellorar a recollida de lixo nos espazos exteriores do centro (pórticos, pistas deportivas, xardíns…), e comezou a andadura dun plan de ordenación e sinalización dos recipientes adicados á recollida dos refugallos (que nun cole coma o noso non son poucos, e non sempre acaban nas tradicionalmente denominadas papeleiras).