O martes 25 de abril, 62 alumnas e alumnos de 3º de ESO (20 de A, 23 de B e 19 de C), acompañados por María Molina (titora de C e docente de Xeografía e Historia), Iván (docente de Tecnoloxía, coordinador da actividade) e Amador Lama (salesiano), levaron a cabo un roteiro didáctico ambiental polo Concello de Parada de Sil. Os Seminarios de Ciencias Experimentais, Tecnoloxía e E.P.V.A. levan organizando esta actividade desde o ano 2012, e salvo nas edicións do 2016, 2020 e 2021, o alumnado deste curso de ensino secundario obrigatorio tivo sempre a oportunidade de participar nesta xornada que combina á perfección natureza e patrimonio, axudando a descubrir os valores ambientais e culturais desta zona da provincia de Ourense.