Carteis da horta.
O coidado da nosa horta é labor de todo o alumnado do noso cole e grazas a el aprendemos moito sobre as plantas e os cultivos. Por iso, é importante que teñamos unhas pautas e normas a cumprir cando visitamos a horta.
Con ese obxectivo, o alumnado de 5º de Primaria deseñou, empregando o Chromebook e as ferramentas dixitais, estes carteis informativos cos que actualizamos os xa elaborados en cursos pasados no proxecto de Plurilingüismo “Vegetable garden”. O alumnado de 6º de Primaria foi o encargado de colocar os carteis na horta.