EXPOSICIÓN “SEN BIODIVERSIDADE NON HAI VIDA”

A exposición “Sen biodiversidade non hai vida”, deseñada por Ecoloxistas en Acción, estivo a disposición da comunidade educativa entre o luns 16 e o venres 27 de xaneiro. Grazas a Nancy Blanco, coordinadora de Ecoloxistas en Acción Ourense, encargada de xestionar a cesión do material, a exposición estivo instalada no Laboratorio de Ciencias da Natureza durante a primeira semana, e no hall de secretaría durante a segunda.

Biodiversidade (neoloxismo do inglés biodiversity, á súa vez do grego βιο, vida, e do latín diversĭtas, –ātis, variedade), ou diversidade biolóxica, é a variedade de vida dun hábitat ou dun ecosistema, ou mesmo o conxunto presente na Terra. Este termo polo xeral refírese á riqueza de especies, aínda que se pode referir tamén á variación a nivel xenéticofenotípico ou o presente en comunidades ou ecosistemas.

A exposición consta de 10 pósters, que tratan os seguintes temas:

  • Sen biodiversidade non hai vida.
  • Que é a biodiversidade.
  • Perdendo biodiversidade.
  • Nós somos a causa.
  • Somos biodependentes.
  • A polinización.
  • Unha farmacia inesgotábel.
  • A biodiversidade, esencial para a economía.
  • Fonte de pracer.
  • Deter a perda de biodiversidade.

Entre os obxectivos da exposición destacan:

  • Informar das causas da perda de biodiversidade e das consecuencias da mesma.
 
  • Observar o efecto da contaminación do ar, a auga e o solo na biodiversidade e coñecer as súas causas.
 
  • Reflexionar sobre as accións que se poden levar a cabo para a conservación da biodiversidade.
 
  • Concienciar sobre a importancia da conservación da biodiversidade, especialmente dos insectos (60%

das especies animais existentes) e os seus hábitats.

  • Evidenciar a biodependencia da especie humana.
 
  • Entender a relación dos cambios na paisaxe e a calidade ambiental coa perda de biodiversidade.
 
  • Insistir en tentar deter a perda de biodiversidade tanto a nivel individual como social e político.
 
  • Tomar conciencia dos conflitos socioambientais que hai na nosa contorna.
 

Para facilitar a xestión das visitas elaborouse un calendario que foi enviado ás distintas salas de profesores, para que cadaquén anotara os cursos cos que tiña intención de achegarse a cada un dos espazos. Asemade, estiveron a disposición do profesorado distintos materiais didácticos facilitados por Nancy Blanco, para uso e aproveitamento de escolares e docentes.

O alumnado de 3º A de ESO, acompañado polo docente de Bioloxía e Xeoloxía, foi o encargado da instalación dos pósters.

O alumnado de 4ºA+B de ESO de Bioloxía e Xeoloxía foi o grupo que comezou as visitas, o martes 17 de xaneiro.

Esa mesma mañá, foi o turno do alumnado de 4ºC de ESO de Bioloxía e Xeoloxía.

O mércores 18 as visitas continuaron con 3ºA de ESO.

O xoves 19 foi o turno de 3ºB de ESO…

… e de 3ºC de ESO, de 3ºB e 3ºC de EP.

3ºC de ESO.

3ºB de EP.

3ºC de EP.

O venres 20 os tres cursos de 1º de ESO visitaron o laboratorio…

… antes de que o alumnado de 3ºA de ESO levara a cabo o traslado dos pósters á nova ubicación…

… e 1ºA de EP visitara o novo espazo.

A exposición foi visitada por parte do alumnado de 4º de ESO o luns 23.

O martes 24 foi o turno de 4ºA de EP…

… e o mércores 25 achegáronse ata a mostra as alumnas e os alumnos de 2ºA de EP…

… e aproveitaron a ocasión para visitar o Museo de Ciencias do centro.

O xoves 26 foron os de 2ºB e 2ºC de EP os que fixeron o mesmo percorrido.

2ºB de EP.

2ºC de EP.

A exposición marchou do centro o venres 27. O noso agradecemento a Ecoloxistas en Acción pola cesión deste interesante material divulgativo. Agardamos que servira para sensibilizar á comunidade educativa.