O 7 de maio, sábado, levouse a cabo o Xeolodía de Ourense 2022, unha iniciativa a nivel estatal da S.G.E. (Sociedade Geológica de España) en colaboración con outras entidades. Un grupo de docentes do centro participou na mesma, na contorna da localidade de A Barxa, en A Gudiña. A responsable da actividade foi Irene Pérez Cáceres, investigadora posdoutoral do Departamento de Xeoloxía da Universidade de Salamanca, que levou aos participantes por unha pequena ruta co obxectivo de dar a coñecer algunas curiosidades de distintas disciplinas da xeoloxía, como minería, tectónica, petroloxía e xeomorfoloxía. Asemade, plantexaba unha viaxe no tempo xeolóxico ao través das sucesivas paradas, así como coñecer algunhas aplicacións das ciencias xeolóxicas.