O alumnado de 1º de ESO do noso centro tivo a oportunidade de percorrer o tramo Ponte Vella-Santa Mariña do sendeiro periurbano de Ourense. O luns 2 foi a quenda de 1ºC, na compaña de Gustavo e Xulio; Gustavo e Maika acompañaron a 1ºA, o luns 9, e a 1ºB, o luns 16. Esta actividade levouse a cabo entre as 9 e as 17:30 h, grazas a coordinación dos docentes do Seminario de Ciencias Experimentais e do Seminario de Xeografía e Historia.