A 40ª Conferencia Xeral da UNESCO proclamou o día 14 de marzo de cada ano como Día Internacional das Matemáticas (40C / Resolución 30 de 26 de novembro de 2019). En moitos países, o 14 de marzo (3/14) xa se estaba a celebrar o Día de Pi, polo que a resolución da UNESCO consolida o recoñecemento actual ás matemáticas polo seu importante papel para afrontar os desafíos do noso tempo en eidos como a intelixencia artificial, a saúde, o cambio climático, a enerxía e o desenvolvemento sustentable e a mellora da calidade de vida da sociedad en xeral.
No marco desta celebración, cada ano hai una nova proposta para animar á participación, despertar a creatividade e dar luz ás conexións entre as matemáticas e todo tipo de campos, conceptos e ideas. Para a primeira edición oficial do ano 2020, o tema escollido foi As matemáticas están por todas partes, co que se tentaba amosar ao público a importancia que as matemáticas teñen na nosa rutina diaria. No 2021 o tema foi Matemáticas para un mundo mellor, que insistía na importancia das matemáticas na mellora da calidade de vida, nun claro guiño ao papel que desempeñaron na actual pandemia como ferramenta insustituible para o monitoreo e a comprensión do fenómeno COVID-19.
Para este ano 2022 o tema é As matemáticas que unen / Mathematics Unites. Yulija Nesterova, Canadá, estudante e propoñente do tema sinalaba «As matemáticas unen», para indicar que é «unha linguaxe común que todos temos e un tema co que atoparnos». Tamén destacamos o que a portuguesa Carla Simoes dícía sobre o tema «As matemáticas permiten a nosa xuntanza como criaturas sociais (como ferramenta tanto da tecnoloxía como da educación, axúdannos a crear nexos sen importar a xeografía, a riqueza, o xénero, a relixión, a etnia, etc …»
Varios alumnos e alumnas de 3º de ESO, participantes no programa de altas capacidades do centro, acompañaron a varios cursos nas visitas para amosarlle ao alumnado curiosidades dalgúns dos temas tratados nos paneis. Se algún curso quería aproveitar esta oportunidade debía contactar cos coordinadores da exposición para poder organizar con xeito os horarios.