Cando solicitamos estes materiais educativos ao CEIDA, algo que levamos facendo desde hai sete cursos, os docentes do Seminario de Ciencias Experimentais adoitamos elaborar un cuestionario sobre contidos relacionados con cada exposición, co obxectivo de que o alumnado participe de xeito dinámico na procura das respostas. Nesta ocasión, o alumnado de ESO-BAC que visitou a exposición foi quen de elaborar as cuestións e procurar información en internet grazas á wifi do centro. Esas cuestións, compartidas cos docentes, serviron para a elaboración dos cuestionarios que se poden consultar a continuación.