O 17 de febreiro alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato participou nun itinerario que nos levou a Ponferrada e a súa contorna. Esta actividade complementaria, organizada polo Seminario de Ciencias Experimentais, tiña entre outros obxectivos os seguintes:
– participar na terceira edición do Congreso de Jóvenes Expertos (de seguido CJE), organizado pola Fábrica da Luz (Museo da Enerxía de Ponferrada), o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a Universidade de León e a UNED.
– darlle a oportunidade ao alumnado do centro de presentar o seu traballo sobre Cambio Climático no CJE.