O primeiro en intervir foi Eduardo, que defendeu que para entender o clima do pasado do noso planeta temos que darnos conta da dimensión da escala dos tempos xeolóxicos, sen esquecer que os procesos máis recentes enmascaran aos máis antigos (esto pódese representar como unha espiral na que soamente vemos a última volta). Destacou a gran importancia que teñen as erupcións volcánicas nos cambios climáticos: emisións de grandes cantidades de cinza, dióxido de carbono e dióxido de xofre, que son quen de cambiar rápidamente o clima de grandes superficies da Terra. Entre outras ideas insistiu no pouco significativo, en tempo xeolóxico, que vai ser o paso da nosa especie polo planeta, e a relativa incidencia da mesma sobre o futuro (a moi longo prazo) do clima.