A actividade divulgativa, organizada polo Seminario de Ciencias Experimentais do centro, tivo como protagonista a David Calvo Fernández, vulcanólogo lucense do Centro Nacional de Volcanología. Compartiu connosco a aproximación a pé ao cráter do Cumbre Vella, cando se achegaba ao mesmo cos seus compañeiros do INVOLCAN (Instituto Volcanolóxico de Canarias).