O 8 de novembro, alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO participou nun itinerario polas Montañas do Courel. Esta actividade complementaria, organizada polo Seminario de Ciencias Experimentais, tiña entre outros obxectivos os seguintes:
– achegarnos ao Xeoparque Montañas do Courel para descubrir a xeobiodiversidade do sur-leste da provincia de Lugo.
– darlle continuidade á actividade levada a cabo o 18 de outubro.
– facer posible unha xuntanza intercentros, convidando ao alumnado e profesorado do CPR Divina Pastora – Salesianos de Lugo a coñecer unha das actividades do proxecto ambiental NaturezAula, na conmemoración da nosa décima participación no Programa de Educación Ambiental Voz Natura.