INICIO DO CURSO 2021-2022.

O venres 3 de setembro o equipo Voz Natura do centro mantivo unha reunión dalgo menos dunha hora, para coordinar o inicio do curso no proxecto ambiental NaturezAula. A xuntanza serviu para aportar iniciativas e ir acomodando as mesmas ao calendario do curso 2021-2022, que terá como lema “Apaixonados pola vida”.