O picudo vermello, Rhynchophorus ferrugineus, é actualmente un dos insectos máis daniños para as palmeiras no mundo, provocando polo xeral, a morte da palmeira. Este curculiónido, orixinario das rexións tropicais do Sueste Asiático e Polinesia, comezou a súa expansión hai 30 anos atacando a palmeiras datileras dos países do sur de Asia, Península Arábiga e Irán. Foi introducido no norte de África a través de Exipto no ano 1993, continuando a súa expansión cara aos países europeos: Italia, Francia, Portugal e España, e sempre ligado á importación de palmeiras.
En febreiro de 2013 La Voz de Galicia alertaba da chegada a Galicia desta especie de curculionido. Lamentablemente ven de convertirse nunha praga que está a diezmar as palmeiras de moitas localidades. En España, o primeiro foco detectouse no ano 1995 en Granada (Andalucía), continuando a súa expansión a través do territorio nacional e aparecendo posteriormente na Comunidade Valenciana (2004), Cataluña e Murcia (2005), Illas Baleares e Illas Canarias (2006).