Obradoiro PLANTAS CARNÍVORAS.

A Concellería de Educación do Concello de Ourense, no marco do programa educativo Educación en Saúde Ambiental, ofertou o Obradoiro Plantas Carnívoras ao alumnado de centros de Ensino Primario e ESO que o solicitaron. Estaba previsto que participaran 591 escolares da cidade, e a primeira cita foi no CPR Plurilingüe María Auxiliadora – Salesianos o venres 23 de abril ás 10:50 horas, con alumnado de 4º de Ensino Primario. Esta actividade tiña como obxectivo espertar curiosidade e respecto polo medio natural, de xeito que o alumnado recoñecera ás plantas como seres vivos, procurando a sensibilidade e concienciación deste grupo no respecto polo medio natural, axudando a adquirir sentido de responsabilidade cara ao seu traballo.

Alumnado de 4ºA.

A intención da área educativa municipal era espertar o interese polas distintas formas de vida na natureza, adoptando as competencias básicas e as intelixencias múltiples (sociais, cívicas, lingüísticas e naturais) como eixo integrador da personalidade do alumnado. A curiosidade polas plantas carnívoras procuraría, en opinión dos expertos docentes que deseñaron a actividade, unha actitude de apreciación, respecto e conservación do medio físico e natural, da cal a especie humana se distanciou, como amosan as actividades humanas que provocan o seu deterioro.

Alumnado de 4ºB.

A duración da actividade foi dunha hora en cada aula, en total 3 horas. Logo de dar a coñecer o desenvolvemento destas plantas, a súa alimentación e as variedades, houbo un taller de papiroflexia para a elaboración dunha planta carnívora.

Os encargados da actividade deixaron tres plantas como agasallo en cada aula.

O luns 26 foi a quenda do alumnado de 6ºA…

… e do alumnado de 6ºC. Unha actividade lúdica á vez que interesante, coa que todas e todos aprenderon e desfrutaron.