O 26 de setembro, sábado, os coordinadores do proxecto participamos na ruta #sonÁRBORE, organizada por Sustinea en colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e o Ateneo. A actividade tiña como obxectivo dar a coñecer o patrimonio arbóreo da cidade de Ourense, ademáis de proporcionar un espazo de reflexión en movemento, onde compartir coñecementos e ideas sobre a xestión do arboredo urbano e as distintas tipoloxías de espazos verdes da cidade.