EXPOSICIÓN EN PRÉSTAMO DO CEIDA: “AVES DE GALICIA”.

A finais de xaneiro e comezos de febreiro, entre o martes 26 e o venres 5, o alumnado de todos os niveis, acompañados polos seus titores e outros docentes, tivo a oportunidade de visitar a exposición do CEIDA instalada na capela do patio do centro. Como poderedes ver nas seguintes imaxes, os catorce paneis da exposición recibiron a un bo número de visitantes.

Martes 26 de xaneiro, montaxe a cargo de alumnado de 4ºD de ESO.

Mércores 27, 3ºB de ESO.

Xoves 28, 4ºD de ESO.

Xoves 28, 4ºC de ESO.

Luns 1 de febreiro, Cultura Científica de 1ºBAC A+B.

Luns 1 de febreiro, 3ºB de EP.

Luns 1 de febreiro, 5ºA de EP.

Luns 1 de febreiro, 1ºC de ESO.

Martes 2, 4ºA de EP.

Martes 2, 1ºA de ESO.

Martes 2, 1ºB de ESO.

Martes 2, Cultura Científica de 1ºBAC C.

Mércores 3, 2ºB de EP.

Xoves 4, 3ºA de EP.

Xoves 4, 3ºC de EP.

Xoves 4, 5ºB de EP.

Xoves 4, 2ºB de EP.

Venres 5 de febreiro, 1ºA de ESO.

Venres 5 de febreiro, recolle o alumnado de 3ºA de ESO.

Cando solicitamos estes materiais educativos ao CEIDA, algo que levamos facendo desde hai seis cursos, os docentes do Seminario de Ciencias Experimentais elaboramos un cuestionario sobre contidos relacionados con cada exposición para que o alumnado participe de xeito dinámico na procura das respostas. O alumnado dos cursos que traballan ao través de chromebook puideron consultar as cuestións nun documento dixital compartido polos docentes e procurar información en internet grazas á wifi do centro. Os demáis contaban con copias en papel sobre as que traballar os contidos da exposición.

Os coordinadores da actividade queremos agradecer á Parroquia de María Auxiliadora a súa colaboración e as facilidades para compartir a capela do patio, espazo no que estivo instalada a exposición.