TI RECICLAS.

.

Na mañá do luns 1 de marzo as clases de 6º EP contamos coa presenza de Bruno, que veu de parte da Concellería de Educación do Concello de Ourense para falarnos de residuos urbanos e a necesaria concienciación da sociedade para mellorar o ciclo da reciclaxe.

Bruno explicounos a diferenza entre residuo e lixo, o funcionamento dos puntos de reciclaxe en Galicia, así como o tratamento dos residuos segundo a súa natureza. Sorprendéronnos algúns detalles, como a gran cantidade de residuos que remata nos vertedoiros ou as múltiples “vidas” que pode ter o vidro.

Entre outras moitas cousas, Bruno aclarounos como debemos desbotar os residuos nos diferentes contedores, sen mesturalos e facilitando a súa clasificación.  

Unha sesión moi interesante e necesaria para poder aportar o noso gran de area no coidado da nosa contorna.